AXUDA A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS PARA ESTADÍAS NO EXTRANXEIRO NO VERÁN 2016
A Xunta de Galicia convoca 150 axudas a estudantes universitarios matriculados nalgunha das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia para estadías nalgún país membro da Unión Europea no verán de 2016.
Os estudantes deberán matricularse nun curso do idioma oficial do país de destino. O curso de idiomas deberá ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais.
Babelis con Connectors Plus a través dos cursos ofertados na nosa páxina web (www.babelis.es) encargaranse da xestión do curso, así como do asesoramento e a tramitación da axuda.

Requisitos:
• Estar matriculado no curso 2015/16 como mínimo en 50 créditos
• Estar matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, diplomatura, inxeñería, arquitectura, inxeñería técnica o arquitectura técnica.
• Ter superados 60 créditos con anterioridade á data de publicación da orde.
Contía da axuda: 900€
Plazo de presentación: 29 de enero ao 14 de marzo 2016
Período de realización do curso: 15 de junio ao 30 de agosto 2016

Máis información:

Oficinas do Centro de Idiomas e nos teléfonos: 986314962 / 657940885
DOGA Xunta de Galicia:
http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/20160128_estadias_veran.pdf
Preguntas frecuentes DOGA Xunta de Galicia:
http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/2o_lingua2016.pdf